SERIE: " FALANDO COA ROCHA "     ©

Amodo…camiño lentamente hai anos, coa vista posta nese río que almacena risas de infancia, prantos que non se poden explicar, silencios que alborotan a nosa mente, rutinas dolorosas que non permiten esquecer.

Despois de todo este tempo, decidín volver a vista alén, para atoparme coa rocha, ferida de mil batallas, coa cor acrisolada do tañer das campás no tempo infinito……. a rocha do mesmo xeito que a cortiza dunha árbore, ofréceme historias, que logro descifrar, infernos…ceos, que podo imaxinar.

xardín-galego-1